Preto de 80 veciños de Ortigueira participaron no programa municipal de apoio á aprendizaxe do inglés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOrtigueira
A-
A+

A Concellaría de Participación Social e Educación pecha este venres, coincidindo coa clausura do ano escolar, o programa de apoio cualitativo ao inglés en horario extraescolar. Durante o curso 2012- 2013 beneficiáronse desta proposta, que se desenvolve no núcleo urbano e en varias parroquias do municipio, un total de 79 veciños/ás, a maioría nenos/ás de primaria.

O concello puxo en marcha en outubro, por sétimo ano consecutivo, este proxecto destinado a complementar a actividade docente ordinaria. O obxectivo non é outra reforzar a formación en lingua inglesa que reciben diariamente na aula os alumnos/ás dos centros educativos locais. Deste modo, preténdese facilitar o desenvolvemento da súa competencia no uso, tanto oral coma escrito.

Durante o ano, no CEIP José María Lage ofertáronse entre semana, talleres para con grupos de entre 3 e 12 anos, ademais dunha sesión para alumnado de máis idade e público adulto, e horas de conversación para principiantes e persoas con coñecementos medios. Outro tanto, sucedeu no caso de Espasante, en tanto que en Santiago de Mera e O Ermo as sesións se concentraron os sábado en horario matinal.

En total, apuntan dende o departamento municipal que participaron ata 8 adultos, 22 rapaces/ás do IES de Ortigueira, sendo os outros 49 usuarios, alumnos/ás menores de 12 anos. Deste modo, o programa de reforzo do inglés repite, unha tempada máis, como a aposta máis exitosa de cantas se inclúen anualmente na oferta educativa municipal.

18 de xuño de 2013 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.