Preto de 300 persoas de todas as idades participaron no “Día da Bicicleta” de Cedeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraDeportesLocalLocal Portada
A-
A+
Marcha do día da bicicleta en Cedeira

Marcha do día da bicicleta en Cedeira

Preto de 300 persoas de todas as idades tomaron parte onte na segunda edición do “Día da Bicicleta” promovida polo Concello de Cedeira.

Un auténtico récord que leva á Concellaría de Deportes a garantir a continuidade desta xornada, na que a competición é o menos importante. O tempo acompañou e dende primeira hora da mañá nenos e maiores invadiron coas súas bicicletas o municipio, nun percorrido que se iniciaba e concluía no Parque do Sagrado Corazón e que, durante unha hora, os levaba polo casco histórico ou o paseo marítimo.

Ao seu termo, celebrábase un sorteo de regalos entre os participantes e, tamén, a entrega dun recoñecemento a aquel de maior e menor idade. Neste caso, a Pascual Leonardo, de 72 anos, e a Alberto Varela, de tan só 22 meses. A Concellaría de Deportes quixo agradecer o apoio prestado por Protección Civil e tamén polo Club Ciclista Punta Candieira, así como a colaboración de diferentes comercios da vila que doaron
os regalos que se sortearon na xornada e que permitiron así organizar unha actividade con custo cero para as arcas locais.

24 de xuño de 2013 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.