Preto de 3.000 “tacos” participarán nos campionatos galegos e de España de Billar Pool que se celebrarán no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesDeportes PortadaLocalLocal PortadaO Carballiño
A-
A+

O pavillón de deportes do Carballiño acolle os campionatos galegos e españois de billar pool, así como un open entre as seleccións do Carballiño, Ourense e Portugal. As competicións comezarán este venres, 28 de xuño, ás 19:00 horas, coa categoría parellas mixtas divisións 1ª e 2ª. Durante todo o fin de semana, ata o domingo, celebraranse o resto de competicións do campionato galego.

A semana seguinte, en concreto dende o xoves 4 de xullo, comezarán as finais do campionato nacional nas súas distintas modalidades, finalizando esta competición o domingo 7 de xullo. Por último os días 12, 13 e 14 de xullo terán lugar as finais de todas as modalidades disputadas durante eses días no Carballiño.

Tamén está prevista a celebración da gala anual da federación de billar pool, o sábado 6 de xullo, nunha coñecida discoteca carballiñesa, coa presenza dos campións das distintas modalidades do pasado ano.

Calcúlase que serán case 3.000 os deportistas que participen nestes campionatos, “o que supón un grande escaparate para a nosa vila, e un impulso para a nosa hostalaría” afirmaba o alcalde carballiñés durante a presentación.

27 de xuño de 2013 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.