Preto de 250 deportistas danse cita na segunda edición do Campionato Galego de Tenis de Mesa de persoas con discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrolLocal
A-
A+

A concelleira de Deportes , Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá a segunda edición do Campionato Galego de Tenis de Mesa de Persoas con Discapacidade Intelectual e Física e a segunda edición do Torneo Cidade de Ferrol desta disciplina deportiva, que se disputarán os días 22 e 23 de xuño no polideportivo do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) San Xoán de Filgueira. A edil estivo acompañada polo presidente do Club de Tenis de Mesa San Xoán, Manuel Fernández, entidade organizadora deste evento que patrocina o Concello de Ferrol a través da Concellería de Deportes.

Case 250 xogadores e xogadoras participarán nestas dúas competicións que se desenvolverán este fin de semana na cidade. A segunda edición do campionato autonómico de tenis de mesa de persoas con discapacidade contará coas categorías de pé e cadeira de rodas mentres que o Torneo “Cidade de Ferrol” disputará os niveis dende benxamín a veteranos nas modalidades individual e dobres. A edil de Deportes quixo agradecer ao Club San Xoán o seu traballo ao longo do ano e a organización deste evento deportivo “estou segura de que o será todo un éxito”. “Hoxe podemos asegurar que esta fin de semana a nosa cidade será a capital galega do tenis de mesa” engadiu.

Pola súa banda, o presidente do Club de Tenis de Mesa San Xoán, Manuel Fernández, quixo agradecer o apoio que dende a Concellería de Deportes para poder desenvolver esta actividade deportiva. O equipo ferrolán é o que conta con maior número de participantes tanto na competición galego de persoas con discapacidade intelectual e física como no torneo local.

20 de xuño de 2013 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.