Presentación proxecto “ConSuma Naturalidade”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Presentación do proxecto

Presentación do proxecto

O 17º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2013, acolleu hoxe a xornada “ConSuma Naturalidade, consumo responsable para a biodiversidade,” organizado pola Consellería do Medio Rura e do Mar e pola Fundación Félix Rodríguez de la Fuente.

Durante o seu transcurso Fernanda Serrano Noreña, directora xerente da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente, deu a coñecer o proxecto ConSuma Naturalidade, cuxo obxectivo é contribuír á conservación da biodiversidade a través do fomento da produción e a promoción do consumo de alimentos procedentes das nosas razas de gando e de variedades vexetais autóctonas. Neste sentido indicou que esta marca de garantía “diferenciará os produtores, transformadores e distribuidores da industria alimentaria que traballan con estes produtos”, así como aos restauradores que os empreguen nas súas receitas.

Montañés Noreña tamén fixo fincapé en que a idea é conseguir que “coas súas decisións de consumo, os cidadáns apoien á conservación da nosa biodiversidade e aos profesionais agrarios”. Así mesmo, deu a coñecer que con este proxecto se beneficiará de xeito directo ou indirecto ás 900 especies da biodiversidade silvestre que se desenvolven en ecosistemas agrarios, ás máis de 140 razas de gando autóctono que se producen no noso país (123 en perigo de extinción), ás máis de 21.000 gandarías baseadas nas razas autóctonas e aos máis de 300.000 agricultores de variedades vexetais autóctonas, entre outros.

A xornada foi inaugurada por Rosa Quintana, conselleira do Medio Rural e do Mar, quen destacou a importancia de apoiar proxectos que “contribúan” á conservación do mundo” “a través do consumo de alimentos autóctonos”, destacando dos galegos que “o seu prestixio transcende as nosas fronteiras”.

14 de xuño de 2013 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.