Presentación do I Campus Fútbol Álex Bergantiños en Vilasantar

Presentación do evento deportivo
Onte tivo lugar no Concello de Vilasantar a presentación do I Campus Fútbol Alex Bergantiños, que terá lugar no mes de xullo no campo de fútbol municipal de Vilasantar. A presentación oficial fíxose polo xogador do Deportivo da Coruña Alex Bergantiño, acompañado polo alcalde do Concello de Vilasantar, o tenente alcalde de Vilasantar, o alcalde de Sobrado dos Monxes e un concelleiro do Concello de Curtis.