Presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo en Madrid
O lunes,17 de xuño, a Enxebre Orde da Vieira celebra en Madrid unha Rapa das bestas, virtual, mediante unha mesa redonda, proxeción dun documental e testemuños de protagonistas, que acoden dende Madrid, cada ano, incluso non galegos, que son verdadeiros seguidores desta orixinal fiesta, na que todos poden participar activamente. Será na Casa de Galicia, ás 19,30. Organiza o evento o colectivo Amigos da Estrada e Terra de Montes.
No encontro darase resposta a preguntas como as seguintes:
– Por que un pequeno pobo, como Sabucedo, rodeado de montes, logrou que a súa tradicional festa popular adquirise a categoría de Interese Turístico Internacional?
– Por que estivo a punto de ser recoñecida como Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO?
– Por que ten tantas entradas en internet, en diversos idiomas, sendo un referente da Galicia máis enxebre…?
– Por que se implican, de xeito altruísta, non só Sabucedo e demas pobos do contorno, senón os numerosos “turistas” que acoden ao monte, para colaborar na baixada das mandas ao pobo, mediante unha inmensa cadea humana?
– Aínda que as orixes históricas da festa, se remontan a poucos séculos… Por que abundan nos montes da comarca, numerosos petroglifos, relativos a cabalos?
O escritor Manuel Cabada Castro ,natural de Sabucedo, elaborou o libro mais completo, ata a data, sobre ” A Rapa das Bestas de Sabucedo”
A cita será o 17 de xuño na Casa de Galicia de Madrid, e en Sabucedo (A Estrada) os días 5,6,7 e 8 do próximo mes de xullo.











