publicidade hoxe

Presentación da obra premiada no XXV premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDodroLocal
A-
A+

O Concello de Dodro celebrará o vindeiro mércores 3 de xullo a presentación do  libro “Viaxe ao Interior da Fenda” de Serxio Iglesias Rodríguez, recente gañador do XXV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

A publicación desta obra pola editorial Sotelo Blanco edicións, fai medrar a Colección de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, logo dos 24 títulos editados anteriormente.

Neste acto que terá lugar na Casa de Cultura ás doce da mañá, está previsto que participen numerosos persoeiros do mundo da cultura e da lírica galega pois nel tamén se presentarán as bases do XXVI edición do famoso certame; un dos máis antigos de Galicia que data de 1988 e nado co obxectivo de honrar a memoria do poeta Eusebio Lorenzo Baleirón, natural deste municipio, e para contribuír á reafirmación da lírica galega tan importante na historia cultural de Galicia.

27 de xuño de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.