Presentación da festa do marisco do Grove en Alemaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaO Grove
A-
A+
Preparación dos platos de marisco

Preparación dos platos de marisco ante público alemán

O xoves, 6 de xuño entre as 18:30 e as 23:00 h, tivo lugar na cidade de Frankfurt e da man de TurEspaña, a presentación do municipio do Grove e da Festa do Marisco.

Ao acto asistiron a Directora de e o xefe de RRPP de TurEspaña, Dna. Ana Cristina Gozalo e D. Stefan Schmidt e o Cónsul de España en Alemania xunto con representantes da Casa de Galicia. Dende TurEspaña emitiuse unha invitación ás axencias de viaxes máis destacadas da zona xunto con periodistas especializados en viaxes e empresas relacionadas cos transportes e a comercialización de produtos procedentes de Galicia. Tamén se convidou aos residentes do Grove en Frankfurt que asistiron emocionados para saudar á delegación grovense.

O aforo do local de Menufaktur (escola de cociña alemana) era de 50 persoas e encheuse coa puntualidade que os caracteriza.

Á súa entrada na recepción do local entregábaselles aos asistentes unha identificación e un mandilón de cociña serigrafiado co logo da Festa.

Tras a presentación da Directora de TurEspaña, o alcalde do Grove fixo unha exposición dos moitos encantos e opcións que ofrece o municipio e unha explicación detallada da Festa do Marisco. Este discurso foi acompañado de imaxes para poder ver e sentir o que se contaba. A este relato dou paso á demostración e cata das variedades de marisco que se ofrecen na Festa. Un cociñeiro do Grove e un cociñeiro alemán convenceron aos asistentes das excelentes calidades dos mariscos de Galicia por medio dun Showcooking.

Como “fin de festa”, o presidente da Casa de Galicia na cidade leu o conxuro da Queimada en galego e unha directiva da mesma asociación fixo a tradución á lingua xermana. Este licor galego puxo o broche a unha xornada de coñecemento do marisco das Rías Baixas.

Ao rematar a presentación agasallouse aos invitados cunha bolsiña de publicidade feita para a ocasión en alemán. 

11 de xuño de 2013 | 17:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.