publicidade hoxe

Plan de prevención de drogas en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontecesures
A-
A+

Durante o presente curso escolar 2012/2013, a través do Plan De Prevención Das Drogodependencias do Concello de Pontecesures realizáronse unha serie de actuacións tanto no eido escolar coma no familiar co alumnado do CPI Pontecesures.

Así, durante o presente curso participaron nas distintas actividades 98 alumnos de Primaria e E.S.O. e os seus respectivos pais/nais.

Os alumnos/as de 5º e 6º de primaria participaron no Obradoiro de habilidades Sociais. A través de 8 sesións con cada curso pretendeuse desenvolver as competencias persoais para ser asertivos, é dicir, desenrolar as aptitudes necesarias para ter un comportamento adecuado e positivo que lles permita afrontar eficazmente os retos da vida diaria. Estes obradoiros intentan reforzar o traballo que os propios titores realizan o longo de todo o curso escolar

Cos alumnos/as da E.S.O. realizouse unha intervención máis centrada na prevención específica das drogodependencias e outras condutas de risco “Programa específico con adolescentes 1º, 2º, 3º e 4º da E.S.O”; trátase dun programa co cal se pretende potenciar os factores de protección fronte ó consumo de drogas, á vez que minimizamos os factores de risco no alumnado; á par que se lles dota aos rapaces e rapazas de estratexias para solucionar conflitos e poder enfrontarse ás situacións de presión do grupo. Con estas sesións preténdese facilitar o coñecemento dos efectos das distintas substancias e  facilitar á xuventude estratexias persoais que lles permitan resolver dun xeito eficaz as distintas situacións conflitivas e de presión do grupo nas que poidan atoparse.

En relación ás intervencións no ámbito familiar: O seo da educación e transmisión de actitudes, valores e crenzas. Por este motivo a familia ten un papel moi importante dentro  deste Plan de Prevención. Para chegar a tódalas familias con fillos en 5º e 6º se lles enviou un DVD que ten un carácter formativo en valores para os pais así como un folleto no que se lles explica a importancia de educar en valores e sobre todo que os pais saiban como tratar e enfocar o cambio que van a experimentar os  seus fillos ca entrada na pubertade/adoelescencia.

Os pais/nais en 1º e 2º da ESO recibiron un DVD co seu respectivo folleto informativo pero xa máis centrado na prevención das drogodependencias. Con este material preténdese que os pais sexan conscientes que “na casa tamén se fai prevención” e que son un piar fundamental para a educación do seus fillos en tódolos ámbitos da vida, e por suposto na prevención das drogodependencias.

14 de xuño de 2013 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.