“Pisando forte” hoxe unha xornada sobre o emprendemento na Casa das Campás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Casa das Campás acolle esta tarde, a partir das 19.30 horas, “Outro emprendemento é posible”, unhas xornadas organizadas pola Concellaría de Xuventude, que dirixe Demetrio Gómez, que teñen por obxectivo mellorar as condicións da xente nova de cara a súa inserción laboral.

Nun espazo común para o intercambio de consellos e experiencias, os conferenciantes aportarán novas ferramentas para dar resposta aos atrancos actuais do sistema co fin de incentivar o emprendemento.

Interveñen no encontro corporacións que subsisten fronte ás adversidades económicas: A Sociedade Cooperativa Galega Tagen Atta
Lingua e Comunicación; a produtora creativa Illa Bufarda, Ángel Cuña Paz: experiencia de formación na Berklee College of Music; Horta de Cultivo Ecolóxico Biochousa; e a Asociación Galega de Software Libre. Clausurará á  xornada unha actuación teatral: “Emprendo, logo existo”.
O encontro empresarial e profesional comeza ás 19.30h e terá unha duración aproximada de dúas horas.

13 de xuño de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.