Parques repara o parque infantil da desembocadura do Gafos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Parques e Xardíns inicia o luns a reparación do parque infantil da desembocadura do río Gafos, no barrio de San Roque.

Trátase dunha intervención que permitirá reparar, repoñer e acondicionar todos os elementos do parque infantil, que por mor dos anos e
do tempo esgotaron a súa vida útil.

Nalgúns casos é preciso retirar os elementos, pero noutros trataranse e repararanse para que estean en perfectas condicións de uso de cara o verán.

Durante a duración destes traballos, a área infantil permanecerá pechada para evitar perigos aos máis pequenos, e para que os operarios poidan traballar con maior rapidez e comodidade.

A Concellaría de Parques quere pedir desculpas aos veciños que empregan este parque infantil –especialmente aos máis pequenos, principais
usuarios-, a diario polo seu peche, e confía en poder reabrilo no prazo duns días.

15 de xuño de 2013 | 20:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.