publicidade hoxe

Paradela solicita á RAG homenaxear nas Letras Galegas a Manuel Rodríguez López

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalParadela
A-
A+

O Concello de Paradela vén de solicitar ao presidente da Real Academia Galega, D. Xesús Alonso Montero o seu apoio para que a institución que preside rinda homenaxe no Día das Letras Galegas ao poeta paradelense Manuel Rodríguez López.

D. Manuel Rodríguez López, foi nomeado “Fillo Predilecto do Concello, o Centro Sociocultural existente no pobo leva o seu nome e se organiza un Certame Literario desde fai máis de quince anos que pese a súa modesta dotación económica en canto a premios, cada ano acada un novo pulo con maior número de participantes, nesta última edición foron recibidas máis de novecentas obras que proceden de diversos lugares de España, pero tamén de emigrantes Galegos de América, Europa…etc.

Don Manuel Rodríguez López, naceu en Paradela e moi cedo tivo que emigrar xunto cos seus pais a Cataluña, e alí – “Galego en Cataluña”- desenvolveu unha moi importante carreira literaria que culminou na súa etapa lucense ata o seu pasamento o 13 de febreiro de 1990 e que en palabras de Méndez Ferrín na súa tese de “ De Pondal a Novoneyra” é o máis importante poeta obreiro da Galicia da segunda metade do século XX.

O Concello de Paradela quere sumarse ao resto de vontades de persoas e institucións ligadas ás letras e o mundo da cultura para solicitar a Real Academia Galega que dedique o Día das Letras Galegas a este noso poeta, que no ano 2015 cumpre 25 anos do seu paramento.

13 de xuño de 2013 | 12:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.