Pan, empanadas e doces tradicionais esta fin de semana nos Mercados de Monforte
A Praza de Abastos acolle esta fin de semana, días 22 e 23 de xuño, un Mercado dedicado ó mundo do pan, ás empanadas e ós doces tradicionais, no cal os asistentes poderán degustar e mercar variedade de produtos.
O Mercado do Pan,Empanadas e Doces permanecerá aberto o sábado día 22 dende as 10:00 ata as 14:00 h. e das 17:00 a 21:00 h.. O domingo día 23 o Mercado estará aberto soamente pola mañá, de 10:00 a 14:00 h.
A Ribeira Sacra produce excelente pan, de gran calidade, e elaborados de xeito tradicional, así que os asistentes ó Mercado poderán escoller entre unha ampla selección.
A xente tamén poderá encontrar as típicas empanadas de iscos, tan características de Monforte, e degustar o doce tradicional da cidade, as larpeiras. Ademais haberá unha gran selección de doces entre os que poderemos atopar: cocadas, roscas de Sober, bicas, e as tan memorables galletas de nata.
Os participantes neste Mercado serán un grupo de establecementos locais e das zonas da contorna, especialistas en gastronomía e na elaboración de pan e doces tradicionais. A lista de participantes é a seguinte:
– Panadería Moure
– Panadería Salomé
– Panadería La Luna
– Panadería Caneda
– Eurolemos
– Diseño del Sabor
– Roscas de Sober
– Escola de Hostalería de Sober
– Panadería Herbella, da Pobra de Brollón
– Bicas de Trives de Elena
O Espazo Gastronómico A Picota ofrecerá durante os dous días de Mercado almorzos especias, acompañados de doces tradicionais e os exquisitos cafés do barista Damián Seijas.











