Os veciños e veciñas de Gondomar poderán gozar do programa diurno de balnearios “Coidarte 2013”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomarLocal
A-
A+

O concello de Gondomar, a través da Concellaría de Benestar Social, e en colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra, convoca o Programa Diurno de Balnearios 2013.

O programa consiste en pasar cinco tardes seguidas de luns a venres nos Balnearios, Talasos e Spas da provincia de Pontevedra. As saídas realizaranse ao longo de todo o ano, agás no mes de agosto.

Os participantes nesta iniciativa gozarán dalgúns dos servizos desta instalación durante unha media de dúas horas ao día.

O prezo de cada praza vai depender do balneario que se escolla, e inclúen todas elas unha subvención da Deputación de 35 € e do Concello doutros 10 €. Así, os que se decanten polo Balneario Termas de Cuntis terán que aboar 70 euros por persoa; ao Hesperia Illa da Toxa, 68 euros; ao de Mondariz, 66 euros; mentres que ao Thalaso Atlántico Oia, 63 euros. Os que prefiran as instalacións do Spa Oca Galatea de Sanxenxo terán que pagar 45 euros; os do Spa Norat do Grove, 32 euros e para o Spa Torre do Deza de Lalín aboarán tan só 20 euros.

Os vecinos e veciñas que se poderán beneficiar deste programa deberán ser persoas  nacidas antes de 1963, pensionistas, e que precisen un respiro familiar, valorado mediante un informe do/da Traballadora Social do Concello.

É requisito indispensable non padecer ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía para participar nel.

O prazo de presentación de solicitudes é do 7 ao 20 de xuño, no departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar.

10 de xuño de 2013 | 12:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.