Os usuarios do Conciliatardes participan nunha sesión con cans adestrados para asistir a nenos con autismo e síndrome de Down
Os usuarios do programa Conciliatardes compartirán parte da tarde con varios cans procedentes do Refuxio de Animais de Cambados. Trátase de cans que foron abandonados e que, tras comprobar as súas cualidades e aptitudes, recibiron un adestramento específico para asistir a nenos con autismo e síndrome de Down. Esta sesio´n forma parte das actividades lúdico didácticas incluídas no Conciliatardes, o programa ofertado pola Concellería de Traballo e Benestar para facilitar a conciliación laboral e familiar das familias que teñen fillos pequenos e cuxos pais traballan polas tardes.
Un dos adestradores de cans do refuxio de Cambados desprazarase esta tarde ata o centro de Formación de Matosinhos con varios dos cans adestrados para amosarlles aos nenos e nenas do Conciliatardes as habilidades que poden adquirir os cans para axudar ás persoas en diferentes campos. Tamén lles explicará aspectos relacionados co comportamento canino e sobre o adestramento en positivo.
A actividade está previsto que comece as 18.30 horas e celebrarse no patio exterior do Centro de Matosinhos.











