“Os produtos galegos que coñecín teñen boa calidade e presentación para as nosas tendas gourmet”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia-
A-
A+
Importador ruso en Salimat

Importador ruso en Salimat

A compañía Bahetle, fundada en 1991, conta con 25 tendas especializadas en produtos gastrónomo situadas en diferentes lugares de Moscú, estando unha delas preto do Kremlin, o conxunto arquitectónico onde se sitúa a residencia oficial do presidente de Rusia.

Dende hai tres anos esta empresa importa produtos de España, Italia e Francia, contactando directamente con produtores. O seu director de importación, Andrey Zhuravlev, acudiu aos Encontros Internacionais de Compradores de Salimat 2013 co obxectivo de incorporar á súa carteira de produtos novas referencias que lle “sorprendades pola calidade e tamén pola presentación”.

Durante as reunións que mantivo durante os Encontros, celebradas durante a xornada de onte e a mañá de hoxe, viu produtos que lle interesaron como “mel, patacas ecolóxicas e améndoas”, e algúns galegos lle gustaron moito, como “o mel e o queixo de vaca”, pero para pechar negocios debe pedir listados de prezos, para analizalos con detemento.

É a primeira vez que visita Galicia e a súa presenza en Salimat supón o punto de partida “para empezar a traballar con produtos galegos” nas súas exclusivas tendas. Sobre os alimentos producidos en Galicia que coñeceu e probou no salón, considera que teñen “boa calidade e presentación”, algo, que é importante para as súas tendas gastrónomo xa que “en Moscú hai un gran número de produtos europeos e unha gran competencia”, así que deben escoller “o mellor”.

En canto á organización dos Encontros de Negocio, considera que “o sistema é útil e bo, como nas grandes feiras de alimentación”. No seu marco Andrey Zhuravlev mantivo máis de 80 entrevistas coa oferta alimentaria do salón.

14 de xuño de 2013 | 15:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.