Os produtos de Lalín protagonizarán as degustacións da Semana Verde de Galicia maridados co aceite de Baena e viños de Montilla Moriles

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínLocalLocal Portada
A-
A+

Unhas propostas culinarias de maridaxe con amplo sabor lalinense realizadas polo cociñeiro lalinense Diego López que deseñou un menús que inclúen dende o Pan de Lalín a produtos da horta dezana, queixos e as nosas afamadas carnes

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, adiantou que coincidindo ca celebración da Semana Verde de Galicia “continuaremos coa promoción e difusión dos produtos lalinenses fóra do Concello de Lalín e en feiras de carácter nacional e internacional e ao tempo dar a coñecer os nosos atractivos turísticos”.

Nesta edición do certame silledense, Lalín estará presente ca súa oferta turística e gastronómica no stand que o proxecto depoDeza, financiado con fondos FEDER, terá no recinto Feira Internacional de Galicia os días 13, 14, 15 e 16 de xuño e no que se ensinará as potencialidades lalinenses nestes dous eidos.

Ademais, a gastronomía e os produtos lalinenses serán os protagonistas dalgunhas das degustacións oficiais da feira. Uns produtos cultivados e elaborados en Lalín que se maridarán para visitantes e profesionais con exquisiteces do prestixio dos aceites da DO de Baena en Jaén e cos viños Montilla Moriles na provincia de Córdoba.

Unhas propostas culinarias de maridaxe con amplo sabor lalinense realizadas polos cociñeiro lalinense Diego López que deseñou un menús que inclúen dende o Pan de Lalín a produtos da horta dezana e as nosas afamadas carnes. Así os menús que se ofrecerán aos profesionais consistirán en:

Pan de Lalín e manteiga de aceite D.O. Baena

Lacón curado, chícharos tenros do Deza e zume das súas vainas .

Carrilleira de Porco Celta, cachelos novos, Pedro Ximénez e queixo afumado.

Maracuyá, cítricos, iogurt e aceite de oliva feito po.

O feito de que os productos lalinenses foran elixidos para esta maridaxe con productos de alta sona como o aceite de Baena e os viños Montilla Moriles amosa que “os nosos productos teñen unha excelente imaxe da nosa marca que ten Lalín na España gastronómica”.

O concelleiro explica que un dos técnicos da Oficina de Turismo estará “perante a duración da Feira atendendo no stand explicando tantos os atractivos de Lalín como as características dos productos elaborados no noso Concello”.

6 de xuño de 2013 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.