Os panadeiros de Mos doan a Asodifisi os 1.300 euros recaudados o Día da Rosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaMos
A-
A+
Entrega do cheque

Entrega do cheque

O colectivo homenaxeado este ano con motivo das Festas da Rosa é un gremio de profesionais non só moi traballadores, senón tamén solidarios. Así o demostraron coa iniciativa de doar a Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, o recaudado nas vendas realizadas o pasado 13 de xuño, Día da Rosa, nos postos expositivos que cada un deles tivo instalado na Praza do Concello. Precisamente esta mañá reuníronse no Concello de Mos a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, Sara Cebreiro, edil de Cultura e Benestar Social, xunto con representantes do sector da panadería e a pastelería do termo municipal, e membros da directiva de Asodifisi, para facerlle entrega a estes últimos da cantidade de 1.300 euros recaudada polos panadeiros o Día da Rosa. O cheque recibiuno María Carrera, presidenta de Asodifisi, de mans do panadeiro mosense en activo de maior idade, Constantino González Gómez.

O motivo da homenaxe ós panadeiros durante a Festa da Rosa foi que se trata dun dos oficios máis tradicionais e prolíficos históricamente neste municipio. Incluso hoxe en día son moitas as panaderías asentadas na localidade mosense, por iso dende o equipo de goberno local decidiuse adicar parte dos actos do día 13 de xuño ós profesionais deste oficio que viven ou traballan en Mos, así coma ós que o fixeron en tempos pretéritos.

A homenaxe ós panadeiros mosenses consistiu nunha exposición de postos na explanada xunto ó Concello, sendo nesta ocasión o tema protagonista o tan tradicional oficio da panadería neste municipio. Varias das panaderías locais montaron o seu propio posto adornándoo cos seus productos artesáns que os visitantes interesados tamén puideron adquirir e degustar; e os beneficios das vendas foron destinados, como xa se dixo, a axudar á Asociación de Diminuídos Físicos e Psíquicos de Mos, Asodifisi, por iniciativa dos propios profesionais,.

Ademais de protagonizar a exposición xunto á Praza do Concello, os panadeiros participaron tamén na Misa Solemne do Día da Rosa e durante os actos centrais, tamén recibiron a súa correspondente homenaxe propiamente dita, tras a cal os protagonistas da mesma tiveron a oportunidade de dirixirlle unhas palabras a tódolos presentes.

20 de xuño de 2013 | 20:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.