Os nenos e nenas da escola infantil Sorrisos, en Ordes, celebran o seu festival de fin de curso na Casa da Cultura
Os nenos e nenas da escola infantil Sorrisos, no Concello de Ordes, celebraron onte o seu festival de fin de curso cun público de excepción, os seus familiares. O auditorio da Casa da Cultura foi o lugar escollido para dita celebración, na que ademais dunha obra teatral tamén se levou a cabo a entrega de diplomas a cada un dos participantes. Todos eles celebraron así unha gran despedida ata que, novamente, volvan a reencontrarse pasado o verán.











