Os maiores acudiron á súa cita no Carballiño
A XXXV edición da Xuntanza dous Maiores celebrouse un ano máis no Carballiño, con menos afluencia doutros anos pero co mesmo espírito de festa e compañeirismo de anos atrás. O alcalde do Carballiño Argimiro Marnotes foi o encargado de dar a benvida aos maiores, que representaban as catro provincias galegas e comunidades como Castela e León. No seu discurso Marnotes quixo ter palabras de especial agradecemento aos que viñeran “porque todos sabemos os tempos nos que estamos e sempre, aínda que sexa para unha festa como esta, é motivo de esforzo desprazarse para pasar unha xornadas con amigos e compañeiros. Tamén sinalou o alcalde carballiñés o seu empeño de instar a Xunta a que siga mantendo este tipo de reunións “xa que vós o merecedes”.
Tras o alcalde tomou a palabra o delegado territorial da Xunta de Galicia, quen recordou que o goberno autonómico estará sempre apoian aos maiores sodes unha parte moi importante da nosa sociedade, e por iso temos que atendervos como merecedes”.
Tras os discurso viño a tradicional entrega de pratos conmemorativos ás distintas casas de maiores que acudiran ao acto, para posteriormente seguir coa festa que, nesta ocasión estivo amenizada polo grupo A Roda.
Nesta XXXV Xuntanza de Maiores foron moitos os que optaron por non baixar ata o parque municipal, pero non por iso deixar de gozar da festa, que se trasladou ás numerosas pulperías, bares e restaurantes da vila carballiñesa, onde se podían grupos de romeiros, gozando dunha boa tapa de polbo a feira.











