Os interesados en participar nos torneos de fútbol e volei praia, tenis e tribasket xa poden inscribirse na fundación de Vilagarcía
Coa chegada do verán regresan os diferentes torneos deportivos organizados pola Fundación de Deportes. Os prazos para inscribirse nos torneos de fútbol e volei praia, así como no de tribasket e tenis, xa están abertos. Os interesados poden anotarse nas dependencias da Fundación en horario de 8:30 a 14:30 horas. Os formularios de inscrición poden recollelos alí ou imprimilos do taboleiro de anuncios da web municipal. Neles figuran tamén a documentación a presentar.
No Torneo de Fútbol Praia poderán participar equipos masculinos e mixtos das categorías A (nados do 2001 ao 2005), B ( do 1998 ao 2000) e C (nados en 1998 e anos anteriores). As cotas de inscrición son de 9, 18 e 36 euros respectivamente, con descontos en función dos membros do equipo que conten co carné da Fundación.
A inscrición para o Torneo de Volei Praia e gratuíta. Poderán participar nel equipos mixtos de nados no ano 2000 e anteriores. Os equipos comporanse dun mínimo de 2 xogadores e dun máximo de 3. Tamén é de balde a participación no Torneo Tro Basket que se xogará nas pistas do Cavadelo. Os equipos tamén poderán ser mixtos nas tres categorías establecidas A (nados entre o ano 2001 e o 2005), B (do 1998 ao 2000) e C do 1997 e anteriores).
Tampouco deberán pagar cota algunha as persoas que desexen tomar parte no Torno de Tenis de Verán que se desenvolverá nas pistas de Fontecarmoa en tres categorías. A A comprende aos xogadopres nados entre os anos 2002 e 2004, a B (nados no 2001 e anteriores) e a C os categoría de veteranos (nados en 1963 e anteriores).
Outras competicións
A Fundación de Deportes tamén organiza directa e indirectamente outras competicións deportivas quen se desenvolverán ao longo do verán cuxos prazos de inscrición se irán abrindo con posterioridade ou correrán a cago das entidades coorganizadoras ou federativas. Son a Carreira Nocturna, o Memorial Adolfo Pedrido de Xadrez, as Travesías a Nado Porto de Vilagarcía e Porto de Vilaxoán e a Bandeira de Traíñas Concello de Vilagarcía.











