Os equipos Calasanz e San Tirso proclámanse gañadores do VIII Campionato Fútbol 8 Concello de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalOrdes
A-
A+

O VIII Campionato de Fútbol 8 Concello de Ordes xa ten cadro de gañadores nas súas categorías prebenxamín e biberón. Os equipos Calasanz, Conxo, Arteixo e Bertamiráns ocuparon as catro primeiras posicións respectivamente no caso da competición prebenxamín. No caso dos biberóns o mellor resultado foi para San Tirso, seguido polo Once Caballeros, Laracha e en cuarto lugar o Órdenes.

Centos de seguidores déronse cita este sábado na Cidade Deportiva Vista Alegre, onde se disputaron todos os encontros ao longo dunha xornada que rematou coa entrega de trofeos por parte de Manuel Regos, alcalde de Ordes.

9 de xuño de 2013 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.