Os clubs de fútbol sala tudenses nas finais da Copa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLocalTui
A-
A+

O equipo A Fábrica de Tui Fútbol Sala Cadete xogará a final da copa cadete, o próximo sábado 8 de xuño, ás 10.00 horas, na pista vermella de As Travesas, en Vigo.

O equipo tudense, adestrado por Javier Reboreda, que se proclamou subcampión de liga no seu primeiro ano de competición, rematará así un ano espectacular, pudendo ser campión de Copa e subcampión de Liga.

Pero non será o único equipo tudense que xogue a final da Copa, xa que A Quinta Xestión Fútbol Sala, tamén loitará pola copa na súa categoría, na pista central do pavillón das Travesas, o mesmo sábado 8 de xuño, ás 18.30 horas.

E por último, o equipo C.D. Tui Fútbol Sala xogarase o ascenso á liga autonómica contra o equipo Prefabricados Laro (Lalín), a dobre partido, sendo o partido de ida en Lalín este sábado e a volta en Tui, o día 22 de xuño.

O Concello de Tui desexa moita sorte aos nosos clubs de fútbol sala nos seus próximos partidos.

7 de xuño de 2013 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.