Os case 2.500 alumnos da Universidade Popular da Concellería de Educación reciben esta tarde os seus diplomas de participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

A sala principal do Auditorio acollerá esta tarde a partir das 20:30 o acto de clausura e entrega de diplomas dos participantes na edición 2012-2013 da Universidade Popular, programa formativo da Concellería de Educación. O alcalde, Agustín Fernández, e a concelleira de Educación, Ana Garrido, acompañaron aos alumnos no acto que pecha esta edición, que superou o récord histórico de participación con 2.461 inscritos nos 97 cursos ofertados.

O Concello de Ourense apoia, con esta iniciativa, o intercambio de experiencias para enriquecer os procesos de aprendizaxe dos ourensáns, facilitando o acceso aos bens educativos e culturais de tódolos cidadáns para que poidan continuar a súa aprendizaxe e desenvolvendo o seu potencial durante a súa vida.

Inglés, alemán, informática, deseño web, ritmos latinos, pilates, ioga, fotografía, poda e enxerta, coaching, animador sociocultural, restauración de mobles e patronaxe e confección, foron os cursos máis demandados nesta edición. En contraste coa pasada edición 2011-2012, incrementáronse en 576 os alumnos matriculados, e en 19 as actividades formativas ofertadas.

O programa Universidade Popular da Concellería de Educación está integrado na Federación Española de Universidades Populares, que agrupa a 220 concellos de toda España, ao cumprir co principal obxectivo da Federación, como é “contribuír á creación de novos modelos de vida baseados na cultura da proximidade e as relacións de vecindade e solidariedade, a través da garantía do libre acceso e participación das mulleres e os homes no coñecemento, desfrute, uso e creación de bens, feitos e servizos educativos e culturais”.

Adxuntamos a continuación o listado completo de cursos desta edición:

ACTIVIDADES:

UP 2012-2013

IDIOMAS

Inglés básico
Francés básico
Chino mandarín
Italiano práctico
Alemán básico
Inglés turístico

INFORMATICA

2 cursos de Iniciación a Internet
2 cursos de Iniciación á informatica: Informática básica
Photoshop: retoque fotográfico
Deseño e creacion de sitios Web: Html, Css, Cms-Joomla e tenda virtual Oscommerce
Teleformación on line: Word 2010 básico
Teleformación on line: Word 2010 avanzado
Teleformación on line: Excel 2010 básico
Teleformación on line: Excel 2010 avanzado
Teleformación on line: PowerPoint 2010

CORPO, SAÚDE E CALIDADE DE VIDA

2 cursos de Exercitación da Memoria
Danza oriental
Danza hindú (bollywood)
Taller de optimismo, humor positivo e risoterapia
Ritmos latinos
Psicomotricidade, creatividade dinámica e expresión corporal
Ximnasia de mantemento
Manexo e control do estrés e da ansiedade – Relaxación
G.A.P. -Tonificación de glúteos, abdominais e pernas
Nordic-Walking (outra forma de camiñar)
Relaxando corpo e mente. Ioga e atención plena (Mindfuless)
Defensa persoal
Dietas e nutrición
Fitoterapia. Prantas mediciñais, complemento de saúde
Planificación do menú semanal e compra saudable
Bailes de Salón (iniciacion) nivel I
Bailes de Salón (medio) nivel II
Bailes de Salón (avanzado) nivel III
Sevillanas – iniciacion
Sevillanas – perfeccionamento
2 cursos de Metodo Pilates

ACTIVIDADES CULTURAIS, OCIO E TEMPO LIBRE. AFICIÓNS

Fotografía dixital e analóxica
Poda e enxerta
Horta ecoloxica urbana (cómo facer un horto en casa)
Coñecer e desfrutar a arte – Aproximacion ao concepto de arte. Nivel I I
Coñecer e desfrutarar a arte – A historia da arte como medio de coñecemento. Nivel II
A fotografia como medio de expresión artística. Fotografía artística e creación de imaxe
2 cursos de Cata de viños
Micoloxía: o mundo dos cogumelos (identificación, cultivo e recetas)
Primeiros Auxilios. Seguridade cotidiana
Escritura creativa
Auto-maquillaxe

INTERVENCIÓN SOCIAL E FORMACIÓN PARA O EMPREGO.

ACTIVIDADES DE CARÁCTER PROFESIONAL

Eficacia persoal e habilidades sociais – Coaching-
Atención ao cliente e calidade do servizo
Animación e intervención educativa coa terceira idade
Atención a persoas dependentes no fogar
Animador sociocultural
Técnico en Prevención de Riscos Laborais
Monitor de Futbol e Fútbol-Sala
Deseño e decoración de espazos interiores
Animación infantil
Atención e coidados na infancia
Atención especializada para enfermos de Alzheimer
Intervención xerontolóxica a persoas dependentes en institucións sociosanitarias
Escaparatismo
Monitor medioambiental
Monitor de educación afectivo-sexual
Manipulador de alimentos
Iniciación á Ilustracion: Deseño de moda
Bases de actuación para a Animación e Animación Estimulativa con persoas maiores
Contabilidade e Contaplus
Iniciación á Cooperación internacional ao desarrollo. Xestión de Proxectos de cooperación
Perruquería ( iniciación)

ARTESANIA – OBRADOIROS

Tapizado
Pirogravado
Patchwork
Encadernación de libros
2 cursos de Pintura
Restauración de mobles
Artesanía en coiro
Creación de bisuteria
Creación de broches, tocados e complementos para o pelo
2 cursos de Calceta e ganchillo
Reciclaxe e embelecemento de mobles e obxectos decorativos antigos ou pasados de moda
2 cursos de Artes Plásticas
Cesteria (Iniciación)
Cesteria (Perfeccionamento)
Patronaxe e confección
Adornos e bonecos de nadal en patchwork e fieltro
Nadal Artesán
Encaixe de Bolillos
Técnicas de debuxo (carboncillo, retratos, pastel)
Conservación de Antigüidades
Arte Floral

20 de xuño de 2013 | 21:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.