Os campionatos galegos de tiro con arco e o trofeo Cidade de Ferrol-Federación Galega contarán con arqueiros de gran traxectoria profesional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaFerrolLocal
A-
A+

A concelleira de Deportes do Concello de Ferrol, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá os Campionatos Galegos de Tiro con Arco e o Trofeo Cidade de Ferrol-Federación Galega que se celebrarán na cidade naval. A edil estivo acompañada do presidente do Club  Arco Ferrol, Manuel Campoy, e do presidente da Federación Galega de Tiro con Arco, Jorge Mato.

O XXXVIII Campionato Galego para a categoría de veteranos, sénior e júnior tanto masculina como feminina e a vixésima segunda edición para os menores de 14 anos celebrase os días 22 e 23 de xuño. Pola outra banda, o Trofeo Cidade de Ferrol-Federación Galega será o sábado 29 en distintas modalidades coma o recurvo, composto, tradicional e desnudo en todas as categorías. Ámbalas dúas competicións celebraranse nas instalacións do Club de Campo e puntuarán para o  Campionato de España. A edil de Deportes manifestou que “estas dúas fines de semana vamos ser a capital de Galicia de tiro con arco” e lembrou que dende a súa área “apostamos por todas as especialidades deportivas”.

O presidente da Federación Galega de Tiro con Arco, Jorge Mato, quixo agradecer a atención e colaboración que o Concello realiza ao deporte. A proba contará con numerosos arqueiros de gran traxectoria profesional coma o cuarto clasificado na paraolimpiada, Guillermo Rodríguez, ou o campión de España en categoría júnior, Gabriel Galante. Este evento deportivo está organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco e polo Club Arco Ferrol e conta coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Ferrol.

19 de xuño de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.