Ordes aproba uns orzamentos para o ano 2013 de 11.5 millóns de euros
O Concello de Ordes aprobou esta mañá en sesión plenaria extraordinaria os orzamentos de cara ao ano 2013. Unhas contas que roldan os 11.5 millóns de euros e que segundo a tenente de alcalde, Silvia “son equilibrados, reais e permitirán ao noso Concello seguir avanzando”.
Tal e como se sinalou dende a bancada o Goberno local “nestas contas priman áreas como as dos servizos sociais e públicos básicos, a movilidade e accesibilidade, a seguridade, a educación, o Medio Ambiente, o fomento do emprego ou as axudas sociais. Todo elo cobra unha especial relevancia xa que son as de maior incidencia para o benestar e a calidade de vida dos contribuíntes do noso municipio. Por elo chegamos ata de asumir obras en colaboración con outras administracións seguindo a nosa premisa de traballar polos nosos veciños e a mellora de súa calidade de vida”. En concordancia con esta filosofía política Marín avogou por investimentos realizados en obras accesibles par adaptarse as necesidades de todos os veciños a través dunha subvención finalistas como é o caso da nova Casa Consistorial.
Superávit
Así, no detalle dos gastos os servizos públicos básicos alcanzan a cifra de 3.326.000 euros, dos cales 446.500 son para materias relacionadas coa seguridade e mobilidade cidadá, e máis de 400.000 euros para a área de urbanismo, punto no que se inclúe o mantemento de vías. En saneamento e distribución de augas, recollidas e tratamentos de residuos, cemiterios, alumeado público etc, investiranse arrredor de 2.281.500 euros. Tamén destacan os algo máis de 196.000 euros destinados a Medio Ambiente.
No que se refire a servizos sociais e educativos as contas reflicten unha partida de 684.000 euros. Neste sentido Marín destacou a colaboración que o Concello manterá coas comunidades educativas instaladas no termo municipal “aínda que sexan competencia doutras administracións porque estamos falando dos nosos rapaces e rapazas e dos estudantes de Ordes que, en definitiva, son o noso futuro e polo tanto unha das nosas prioridades”. Así, continuaranse co curso de Habilidades Sociais e Autonomía Persoal que se imparte na aula adaptada do Mesón do Vento para persoas que presentan algún tipo de diversidade funcional. No eido deportivo e cultural cuantifícanse un total de 753.000 euros.
En actuacións de carácter económico dedícanse un total de 3.481.500 euros, que na súa meirande parte se investirán en estradas. Tamén se dedican un total de 106.753 euros para a promoción do comercio, turismo e pequenas e medianas empresas.
No presente exercicio reducirase case 10 puntos a ratio de endebedamentos xa que 639.800 euros se investirán na amortización de débeda pública.
No que se refire aos ingresos obteranse arredor de 7.500.000 euros procedentes de impostos directos e indirectos, taxas, transferencias e ingresos patrimoniais. A esta cifra hai que engadirlles os 3.995.000 euros obtidos a través das transferencias de capitais.
Marín destacou que na actualidade o Concello de Ordes é un dos municipios que menos recada en impostos por habitante, cunha media que se aproxima aos 270 euros. “Somos conscientes da realidade e situación de moitos dos nosos habitantes, de aí que dende as nosas posibilidades este Concello manteña un nivel de gravámenes locais baixo, a diferencia non só doutros municipios senón tamén doutras institucións de ámbito comunitario ou estatal, polo que as cifras en relación á presión fiscal tamén son das más baixas de toda Galicia”, sinalou a tenente de alcalde. Marín tamén salientou que se segue a mesma dinámica no referente ao gasto en persoal, xa que a media comunitaria oscila entre o 45% e 65%, estando Ordes aínda nun nivel inferior. No caso do investimento por habitante esta é superior á media da provincia, situándoo en algo máis do 108%, situándose por riba da media estatal.
Dende o equipo de Goberno tamén se tiveron en conta as peticións realizadas polo PSOE en aspectos como a creación dun centro de emprendedores, arranxo de pistas, contribución a eventos festivos como o festival Brincadeira, a creación dun fondo de emerxencia social, obras de diversa índole ou campañas educativas e de concienciación medioambiental, entre outras.
Finalmente os orzamentos foron aprobados a pesar da negativa do PP e do BNG.
Na sesión de hoxe tamén foron aprobadas as contas xerais do exercicio 2012. Neste punto reflíctese un resultado orzamentario positivo de algo máis de 1 millón de euros cun remanente en tesourería de preto de 307.000 euros. A avaliación de estabilidade orzamentaria presenta unha capacidade de financiamento de preto de 1.071.000 euros.
Na sesión de hoxe tamén se aclaraou que dende Intervención a débeda financieira contraída polo Consistorio a 1 de xuño de 2013 según datos do Departamento de Intervención ascende a 6.951.000 euros, contemplando unha amortización de 640.000 euros, “polo que estamos no bo camiño para poder seguir traballando e esforzándonos. O fin é chegar a cubrir todos aqueles servizos prioritarios para o noso Concello e prestar a atención debida a aqueles que máis o precisan”, destacou Silvia Marín.











