Ordes acollerá este próximo venres a celebración do V Aniversario Noites de Tasca
As Noites de Tasca, evento organizado e promovido polo grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, celebrarán este próximo venres o seu quinto aniversario cunha gran festa que se extenderá por diversos establecementos e rincóns da vila de Ordes.
Dende as 19 horas na Alameda celebrarase un obradoiro de baile galego, que será impartido por Helena Noya e Rocío López, mestras da Asociación Cultural Camió Real de Poulo. Tamén se levará a cabo outro obradoiro de enredos sonoros, que contará coa colaboración de Oli Xiráldez, artesán de gaitas e frautas galegas. Nel ensinaráselles tanto a nenos como a maiores a fabricación de instrumentos a partir de obxectos moi sinxelos e cotiáns.
Xa ás 20 horas e diante do Museo do Traxe levaranse a cabo varios actos en relación co Día Internacional da Danza, cuxa data de conmemoración foi o pasado 26 de abril, e que debido ás condicións meteorolóxicas non se poideron celebrar. Para comenzasr haberá un ensaio libre dos grupos Sementes da Arte e Os Viqueiras, para posteriormente ler un manifesto en relación coa arte do baile e da danza.
A partir das 21.30 horas máis de 20 grupos tocarán polas rúas, tabernas e bares de Ordes. Logo, contra das 00 horas, todos os músicos e bailadores xuntaránse na cervexería ISLIA onde rematarán a festa cunha gran foliada. Entre eles figuran ‘Os Pelexos de Montaos’, ‘A.C. Camiño Real de Poulo’, ‘Sarillo de Aiazo’ (Frades), ‘A. C. Camiño Real de Poulo’ (Ordes), ‘San Martiño’ (Cerceda), ‘Xentiña’ (Trazo), ‘Caivanca’ (Lugo), ‘Escla de Müsica Tradicional de Mesía’, ‘A. C. Rosalía de Castro’ (Cacheiras), ‘Espadana Gaiteiros’ (A Coruña), ‘Sementes da Arte (Ordes), ‘Trouleiros de lesta’ (Ordes), ‘Manuel Viqueira e O Freixo das Pontes’, ‘Escola de Música Tradicional Xurde e A.C. Xacarandaina’ (A Coruña), ‘Embrixo de leira’ (Ordes), ‘Os Viqueiras de Ordes e as Pandereteiras de Rodís’, ‘Buxos Verdes de Senra’ (Oroso), ‘Os Cincuenta dos Armadanzas de Laraño’ (Santiago), ‘Leirabuxo Gaiteiros’ (Melide) e ‘Pandereteiras Somos Nós’ (Ordes).
Colaborando para a celebración deste evento os organizadores contan coa Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, o Concello de Ordes, Fotos Sonia, Esymar Artes Gráficas, a Agrupación Folclórico Cultural Sementes da Arte e o Museo do Traxe Juanjo Linares.











