Oleiros inaugura este sábado o parque en honor a Santiago Carrillo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOleiros
A-
A+
Vista do parque

Vista do parque

O Goberno local de Oleiros inaugurará este sábado ás 12 horas o parque que levará o nome do político Santiago Carrillo.

Esta ampla zona verde atópase na localidade de Santa María de Oleiros, na urbanización da Pezoca, colindante coa avenida Francisca Herrera e anexa á urbanización Obelisco, e onde o pasado sábado se inaugurou o parque José Luis Sampedro.

A figura de Santiago Carrillo na historia de España ao longo do século XX e ata os nosos días é innegable. A súa achega á consolidación da democrática no noso país foi fundamental e a súa aportación na Transición un exemplo de defensa dos ideais desde o respecto e a tolerancia nunha procura constante do ben común. Do mesmo xeito que outros políticos importantes dese momento, como Adolfo Suárez quen tamén conta cunha rúa no noso municipio, o Goberno local considera que a achega de Carrillo merece ser recoñecida con este nomeamento pola transcendencia que tivo na construción do noso actual marco de liberdades civís.

26 de xuño de 2013 | 16:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.