OConcello acada o cupo de inscripcións para instalar postos no rastrillo veciñal
A Concellaría de Cultura, que dirixe o edil socialista Eugenio Fernández, vén de cubrir o cupo para a instalación de postos no rastrillo veciñal que se celebrará o vindeiro 14 de xullo, unha vez que ten recibido nada máis e nada menos que 140 solicitudes (o ano pasado foron 62). Hai uns días, e ante a elevada demanda por parte dos veciños e veciñas, a administración local decidía ampliar o espazo no que se desenvolverá o evento, engandindo ao lugar inicial, o paseo marítimo –avenida Saavedra Meneses- o entorno no que se leva a cabo o mercadillo semanal (zona do mercado). Dito espazo, como informaron dende o Concello, xa está tamén totalmente cuberto coas peticións rexistradas nestas xornadas.
Como se lembrará, o Concello entregará o racadado (5 euros por posto) a ONG do municipio.
Á marxe dos postos, a área de Cultura fai un chamamento a artistas de rúa e músicos que o desexen para que se sumen a esta iniciativa e animen durante a xornada este rastrillo veciñal.











