Ocio en Familia pecha a programación das Festas da Rosa 2013 en Mos
A concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón informa dunha nova actividade do programa Ocio en Familia. Terá lugar o vindeiro domingo, día 30 de xuño, no auditorio do centro Multiusos das Pozas e porá o broche final á programación das Festas da Rosa deste ano.
A actividade organizada para o vindeiro domingo leva por título A Prima Vera, e dará comezo ás 20.00 horas da tarde. Trátase da divertida historia da Prima Vera, e durante a narración da mesma trabállase coas familias a temática da chegada do bo tempo.
O formato do espectáculo será o dun contacontos, no que a compañía teatral As Maimiñas levará a cabo un relato dunha pequena historia contada dun xeito lúdico e de participación activa. Sendo dito relato a temática principal da actividade.
A través de xogos, refráns, e trabalinguas os participantes na actividade pasarán unha entretida tarde dominical.











