O xoves 20 de xuño comezaron nas tendas participantes no “Sensación-all Compostela 13. O teu comercio está de moda” os outfits
Co obxectivo de dinamizar o sector, incentivar o consumo e incrementar as vendas, a Concellaría de Comercio en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e da Fundación Cidade da Cultura, lugar onde se celebrará o desfile final, puxo en marcha o programa de dinamización comercial “Sensación- all,o teu comercio está de moda”.
Os “outfits” concíbense como unha acción promocional dos comercios participantes. Desde o xoves 20 de xuño ata o xoves 27, un fotógrafo profesional, un cámara, e dous modelos profesionais, acompañados de persoal da organización, acudirán a cada un dos comercios participantes coa finalidade de promocionar as distintas prendas ou produtos que cada tenda ofrece e que se acompañará dun pequeno ágape que os comercios poderán ofrecer á clientela que asista ao outfit.
Durante o outfit realizarase unha sesión de fotos e grabaranse as imaxes que servirán para a realización e edición do vídeo promocional que xunto coas fotos da sesión conforman o “Look Book Sensación- all Compostela 13. O teu comercio está de moda.”
Aínda hai 5 prazas para participar polo que durante o día de hoxe os comercios interesados poderán inscribirse. A inscrición realizarase mediante o envío do boletín de inscrición asinado ao correo electrónico comercio@santiagodecompostela.org ou ao Fax 981543193.
A listaxe de comercios participantes e o calendario dos “outfits” está xa dispoñible na web municipal www.santiagodecompostela.org.











