O vestíbulo do Fórum Metropolitano acolle unha nova edición de ‘Cinenterraza’
A Concellaría de Cultura informa sobre o inicio dunha nova edición do ciclo Cinenterraza que ocupará as noites do mes de xullo o vestíbulo do Fórum Metropolitano, este ano coa proposta dun interesante coloquio con convidados despois da proxección. En concreto, proponse un ciclo de xoias do cine das marxes con nomes como David Lynch, Quentin Tarantino, Wong Kar-Wai, Jean-Claude Lauzon ou David Cronenberg.
Trátase dunha serie de nove películas que no seu momento xeraron polémica e expectación e que pouco a pouco foron calando na conciencia de toda unha xeración de espectadores e obtendo unha especie de culto ao seu arredor. Cine polémico, profundamente persoal e intransferible; cine destinado a un debate sen fin polo que Cinenterraza contará coa proxección de varios destes títulos e unha charla posterior sobre a película cunha recoñecida personalidade da cultura.
En concreto, proxectaranse as seguintes películas:
– Mércores, 3 de xullo. Chungking Express (Wong Kar-Wai, 1994). Charla con Yolanda Castaño.
– Xoves, 4 de xullo. Carretera Perdida (David Lynch, 1997). Charla con David Rubín.
– Mércores, 10 de xullo. The Devil and Daniel Johnston (Jeff Feuerzeig, 2005). Charla con Xurxo Souto.
– Xoves, 11 de xullo. El Odio (Mathieu Kassovitz, 1995). Charla con David Perdomo.
– Mércores, 17 de xullo. Reservoir Dogs (Quentin Tarantino, 1992). Charla con Fernando Cortizo.
– Xoves, 18 de xullo. Léolo (Jean-Claude Lauzon, 1992). Charla con Jorge Coira.
– Mércores, 24 de xullo. Donnie Darko (Richard Kelly, 2001). Charla con Alba Messa.
– Xoves, 25 de xullo. Olvídate de mí (Michel Grondy, 2004). Charla con Alberto Abuín.
– Mércores, 31 de xullo. Crash (David Cronenberg, 1996). Charla con Eduardo Galán.
Os pases terán lugar todos os mércores e xoves do mes de xullo ás 22.30 horas no vestíbulo do Fórum Metropolitano. As entradas poderán adquirirse no despacho do Fórum dende unha hora antes da función e os prezos serán de 3 euros a entrada normal e 2 euros con carné novo, maiores de 65 anos ou desempregados.











