O Torrente Ballester de Sigrás pecha o curso escolar cunha festa á que asistirán 300 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreLocal
A-
A+

O CEIP Torrente Ballester celebra a súa festa de fin de curso hoxe pola tarde e espera a asistencia de máis de 300 persoas, entre alumnos, profesores e pais. Para conmemorar o peche do curso as ANPAS organizaron talleres de papiroflexia, maquillaxe, chapas e chaveiros e para culminar o acto terá lugar unha gran churrascada no patio do colexio. O alcalde, Manuel Rivas, e laedil de Educación, María Jesús González, asistirán ao acto xunto con outros responsables municipais.

21 de xuño de 2013 | 19:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.