O terceiro Mercado Medieval arranca mañá no casco histórico da real vila de Neda
Neda celebrará dende mañá a terceira edición do seu Mercado Medieval. Así, o medio centenar de postos de venda de artesanía e productos gastronómicos abrirán ao público a partires das cinco da tarde e, dende entón, a música, o teatro a pé de rúa ou o baile tomarán o casco histórico do municipio cun obxetivo claro: recrear a vida e costumes da sociedade do século XI. Nesta liña, o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón Lorenzo, invitou esta mañá á cidadanía a achegarse á vila e participar da ampla oferta de actividades que este ano inclúe o Mercado. Unha oferta coa que o Concello, segundo explicou a edil de Promoción Turística, Montse Rico, quere igualar ou mellorar as cifras de asistencia de edicións pasadas.
A concelleira tamén aproveitou a ocasión para animar aos asistentes a disfrutar dos espectáculos de cetrería que, ao longo das tres xornadas, se celebrarán na Praza da Rectoral. Unha práctica extendida na Idade Media ligada á nobreza que perdeu protagonismo co progreso das armas. O programa continuará o sábado. Nesta ocasión, abrirá as súas portas ás 11 horas e, dende ás 11,30 horas, sucederánse os espectáculos a pé de rúa. En horario de mañá, ata as 14,30 horas e, pola tarde, entre as 17 e as 22,30. Esquema horario que se repetirá o domingo.
Así mesmo, nesta xornada de sábado, a concelleira de Promoción Turística lembrou que o Concello recuperará no seu Mercado Medieval o maravedí, a antiga moeda española, aquela que se empregaba entre os séculos XI e XIV. Neste senso, a edil avanzou que o banco local que o Concello habilitará para facilitar o troco de euros por maravedíes e asegurar a liquidez dos futuros clientes dos postos estará ubicado na casa consistorial.











