O teatro Jofre de Ferrol acollerá a comedia “Fisterra” interpretada por Eva Hache e Ángeles Martín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal
A-
A+

As actrices Eva Hache e Ángeles Martín subiranse este sábado, día 29, ao escenario do Teatro Jofre para presentar “Fisterra”, a comedia de Ferrán González. A función, dirixida por Víctor Conde, dará comezo ás 20:30 horas e está enmarcada dentro da programación escénica da Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado.

Antonia, unha muller de mediana idade, pide un taxi para chegar a Finisterre dende Pontevedra e alí poder esparexer as cinzas do seu defunto marido ao mar, á fin do mundo. Paz, a taxista que por azar recollerá á viúva e a acompañará ao seu destino, vivirá algo que normalmente todos queremos evitar durante unha longa viaxe: unha conversación doa súa cliente. “Fisterra” nace co propósito de poñer en escena unha comedia nova, non só pola estrea absoluta do texto, senón pola linguaxe e formulación do espectáculo. É unha volta máis, un paso adiante na creación de textos teatrais no noso país, un texto novo para un público novo. Un espectador que bebe doutras linguaxes audiovisuais e que demanda unha forma nova de facer teatro. Máis directa, punzante, núa e verdadeira. Un escrito que baixo o seu provocativo sentido do humor non está exento de reflexións ás veces non demasiado cómodas sobre a época que nos tocou vivir, é abrigo, un relato sobre mulleres, dúas heroínas ante a adversidade.

Venta de entradas

A día de hoxe, ao redor de 100 butacas están ocupadas no teatro municipal. Os interesados poden adquirir as súas entradas a través de internet, na páxina web oficial do Concello de Ferrol: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural); ou no propio despacho do teatro municipal.

25 de xuño de 2013 | 18:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.