O SPAD entrega mañá os premios aos gañadores do concurso de carteis de bebidas saudables
A Área de Prevención do SPAD de Vilagarcía fai entrega mañá dos premios do Concurso de Carteis dos XIV Obradoiros de Bebidas Saudables no que participaron todos os colexios de Primaria do municipio e centros de Educación Especial. O alcalde presidirá o acto que este ano terá como protagonistas a alumnos dos Ceip de Rubiáns, do Anexo A Lomba e da Asociación Con Eles.
Os gañadores do primeiro premio do concurso de carteis deste ano foi o equipo do CEIP de Rubiáns composto por Miguel Díaz Abalo, Chenoa Giménez Camacho, Alba Abal Baños, Carmen Soto Bendaña e Laura Bralo Ferreira; polo debuxo que titularon “Se a vella queres chegar, bebidas saudables debes tomar.
O segundo premio foi para o CEIP Anexo A Lomba polo cartel “Disfruta da vida” que elaboraron Irene Pereira Reboredo, David García Ramallal, Zaira Fuentes Villanueva, Alejandro Tomé Albes Castro e Pablo Araújo Miguéns.
O segundo premio tamén recaeu no Anexo A Lomba, neste caso por un traballo que firman Lucía Casal Angustia, Adriana Pardal Temes, Daniel Maneiro Oliveira, Óscar Pablo Crespo Gomez e Nuria Marcos Romero e que leva por título “Engancharse é doado… máis, saberías soltarte?”
Por último, o xurado decidiu conceder un premio extraordinario aos usuarios do centro para persoas con parálise cerebral “Con Eles”, polo cartel titulado “A nosa saúde pesa +” no que traballaron os alumnos Silvana Barreiro Sousa, Hugo Escudeiro Sayar, Nito García Baños, Miguel Martínez García, Fátima Moares Noya, Encarna Otero Piñeiro, Alejandro Pedro Cardalda, Vanesa Reiriz Cores, Manuel Rey Diéguez, Rosana Santomé Souto, Chema Solla Vázquez.
O SPAD de Vilagarcía organiza anualmente o Concurso de Carteis dos Obradoiros de Bebidas Saudables no marco dos seus programas de prevención do consumo e abuso de alcohol entre os mozos. A mostra deste ano componse dos 22 carteis realizados polos 127 alumnos de 5º curso de Primaria que participaron este curso nos Obradoiros de Bebidas Saudables e no que recollen de xeito gráfico o aprendido a través desta iniciativa. Durante este curso realizáronse en Vilagarcía un total de 11 obradoiros (que constan de 22 sesións) nos que participaron 349 alumnos/as e 20 profesores/as de 1º curso do 3º Ciclo de EPO.











