O SPAD abre esta tarde a exposición do concurso de carteis de bebidas saudables

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalVilagarcía de Arousa
A-
A+

A sala de conferencias do Auditorio acolle dende hoxe a exposición do XIV Concurso de Carteis dos Obradoiros de Bebidas Saudables organizado polo SPAD de Vilagarcía no marco dos seus programas de prevención do consumo e abuso de alcohol entre os mozos. A mostra componse dos 22 carteis realizados polos 127 alumnos de 5º curso de Primaria que participaron este curso nos Obradoiros de Bebidas Saudables e no que recollen de xeito gráfico o aprendido a través desta iniciativa.

Os obradoiros de bebidas saudables (intervención preventiva en relación co alcohol) son levados a cabo durante o curso escolar en todos os concellos da nosa área xeográfica de actuación (Vilagarcía de Arousa, Cambados, Meis, Portas e Ribadumia). Durante este curso realizáronse en Vilagarcía un total de 11 obradoiros (que constan de 22 sesións) nos que participaron 349 alumnos/as e 20 profesores/as de 1º curso do 3º Ciclo de EPO.

O día 6 de xuño realizouse a selección dos carteis premiados no Concurso realizado en Vilagarcía de Arousa. No proceso de selección participaron como xurado Ángeles Rodríguez Barreiro, concelleira da Área de Sanidade; dous representantes do profesorado dos CEIPs Arealonga e Rubiáns; dous representantes da ANPA do CEIP Anexo A Lomba; un técnico da área de Prevención e a Coordinadora do SPAD de Vilagarcía de Arousa.

O día 19 de xuño procederase a entrega de diplomas ao alumnado e centros educativos premiados.

11 de xuño de 2013 | 10:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.