publicidade hoxe

O servizo municipal de emerxencias de Culleredo sofoca un lume producido nun turismo cando circulaba polo Burgo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocalLocal Portada
A-
A+
Extinción do lume no vehículo

Extinción do lume no vehículo

O servizo de Emerxencias de Protección Civil do Concello de Culleredo sufocou no mediodía de hoxe un incendio nun coche que circulaba pola avenida da Coruña do Burgo.

O suceso tivo lugar sobre as 14.00 horas. Un turismo procedente de Cambre circulaba pola avenida da Coruña, nas inmediacións da igrexa do Burgo, cando comezou a arder, en principio a causa dun fallo eléctrico.

O servizo municipal de Emerxencia compareceu no lugar e sufocou o lume con un extintor, quedando o vehículo inutilizable. Os efectivos municipais retiraron o coche da calzada. Ata O Burgo desprazáronse tamén os Bombeiros, que refrixeraron o vehículo e limparon a estrada.

A Policía Local de Culleredo encargouse de regular o tráfico, moi saturado polo punto en que se produciu o incidente, e ademais nunha hora punta de circulación. Sobre as 15.00 horas normalizouse a situación.

18 de xuño de 2013 | 18:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.