O servizo de reparación viaria de Ferrol realiza actuacións de aglomerado e reparación de beirarrúas nos barrios da Magdalena e Ensanche A

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a centrar hoxe os seus traballos en actuacións de aglomerado e arranxo de beirarrúas nos barrios da Magdalena e Ensanche A.

Así, segundo a programación de traballos feita, ao longo da  xornada de hoxe, intervirase no pavimento da rúa Rubalcava, situada centro histórico da cidade. Por outro lado, os operarios desta prestación pública traballarán na reparación de beirarrúas situadas na zona do Ensanche A, en concreto na rúa Chanteiro, e naa rúa Terra, que pertence ao barrio de A Magdalena.

20 de xuño de 2013 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.