O servizo de reparación de viarios do Concello de Ferrol actúa na zona da Graña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a centrar hoxe os seus traballos en actuacións de aglomerado na zona da Graña.

Así, as cousas, e segundo a programación de traballos feita, ao longo da  xornada de hoxe, intervirase no pavimento da estrada de subida cara a Graña, rúa Reverbero e na rúa Real Baixa.

17 de xuño de 2013 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.