O servizo de reparación de viais de Ferrol continúa traballando nos barrios da Graña e A Cabana
O servizo municipal de Obras, Reparación e Mantemento de Viarios do Concello de Ferrol, do que se encarga a empresa “Misturas S.A”, está a centrar estes días os seus traballos en actuacións de aglomerado nas zonas rurais de A Graña e A Cabana.
Estas intervencións viarias, ao abeiro do Plan de Barrios, están a ser acometidas durante estes días por mor das condicións climáticas adversas da pasada semana. Así o indicou o alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, durante o pasado xoves día 20 na visita ás parroquias de A Graña e A Cabana para supervisar os traballos de mellora e mantemento executados ao abeiro da primeira fase deste plan municipal.
Así, as cousas, e segundo a programación de traballos feita, ao longo da xornada de hoxe, intervirase o pavimento da rúa Pintor Ricardo Pérez López e o Camiño de Landrove- A Barca no barrio de A Cabana; mentres que onte foron executados traballos de aglomerado na zonas do rural de A Graña e A Cabana.











