O sábado, clausura das escolas municipais de patinaxe
As escolas municipais de patinaxe da Laracha e de Caión porán o punto e final á actividade que levan desenvolvendo desde o pasado mes de outubro cunha exhibición que as alumnas realizarán este sábado a partir das 11.00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís da Laracha.
As escolas municipais de patinaxe son unhas das que presentan unha maior actividade ao longo de todo o ano. Neste curso contou con 70 nenos e nenas inscritos, dos cales 50 formaron parte do curso da Laracha e os outros 20, no grupo de Caión.











