O roteiro dos Bolechas, tamén na fin de semana!
O Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, segue a ofrecer o roteiro Bolechas para dinamizar o uso da lingua entre nenos e nenas de infantil e 1º ciclo de educación primaria. Coa Excursión pola zona vella de Pontevedra os máis pequenos farán un percorrido guiado polo centro histórico da cidade do Lérez da man dos personaxes creados por Pepe Carreiro, os Bolechas, co obxecto
de ligar o uso do noso idioma aos espazos urbanos da cidade, recuperar e difundir a memoria histórica de Pontevedra inserida no contorno xeral da historia de Galicia e dinamizar os usos orais da lingua galega no ámbito urbano.
Tamén é posible facer este roteiro na fin de semana, como ocorre cun grupo de 15 alumnos/as da EEI San Lorenzo Agrón (Ames), que farán o
percorrido este sábado día 8, saíndo ás 17 horas da praza da Peregrina.
Ao remate do roteiro cada participante será obsequiado con cadanseu exemplar da publicación Excursión pola zona vella de Pontevedra cos
Bolechas.











