O recinto das Burgas permanecerá hoxe pechado ao público mentres se realizan tarefas de limpeza e mantemento tras os actos vandálicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalOurense
A-
A+

O recinto termal das Burgas permanecerá pechado durante o día de hoxe e ata que rematen as tarefas de limpeza e mantemento que se están levando a cabo polo servizo de limpeza. A piscina amaneceu tinguida cun colorante que está sendo eliminado para que a auga recupere as condicións óptimas para o baño e desfrute dos cidadáns.

Tamén durante esta fin de semana actos vandálicos provocaron a ruptura da bomba de auga da zona termal do Tinteiro, que foi manipulada e dañada ata en dúas ocasións nos últimos catro días. Xa o pasado venres, a bomba foi dañada e convenientemente reparada. Onte foi desmontada de novo e se está procedendo á súa reparación.

O Concello de Ourense solicita desculpas aos veciños polas posibles molestias ocasionadas, e xa está procedendo á realización dos traballos oportunos para devolver canto antes as dúas zonas termais ao seu estado óptimo.

25 de xuño de 2013 | 11:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.