O programa “Represaliadas e resistentes” das concellarías de Cultura e Patrimonio histórico inauguran a exposición “Vermellas”
A concelleira de Cultura, Anxos Riveiro Portela e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luis Bará, presentaron esta mañá acompañados por Mª Xesús López Escudeiro a exposición “Vermellas”. A mostra, visitable ata o día 22 de xuño en horario de apertura das instalacións, forma parte da programación “Represaliadas e resistentes” que contará con numerosas actividades ao longo do mes de xuño e durante o vindeiro curso escolar.
Nun tempo no que, segundo comentou o concelleiro Luis Bará “a Xunta decretou o silenciamento, ocultamento e esquecemento da historia destas mulleres valentes, queremos destacar a súa historia, moito menos coñecida ca dos homes”. Este proxecto que chega tamén aos centros escolares, que realizarán visitas á exposición e participarán en diversas actividades futuras, pon de actualidade a represión xeral e de clases que padeceron elas e incluso os seus fillos/as, loitando por dereitos que agora nos parecen básicos.
Disto e outros temas relacionados se falará nos dous simposios que terán lugar os días 7 e 8 no Pazo da Cultura nos que intervirán entre outras Carmen Blanco e Aurora Marco, destacadas na andaina de manter con vida a memoria das “vítimas da represión, protagonistas da resistencia”.
Para asisitir aos coloquios é necesaria previa inscrición no correo: mulleresememoria@gmail.com
Simposios sobre a represión franquista contra as mulleres
Venres 7 de xuño no Pazo da Cultura
• 16.30 h. Recepción de participantes
• 17 h. Acto de apertura
• 17.15h. Conferencia de apertura: Carmen Blanco: “Memoria, mulleres, represión, resistencia e liberación”
• 18.00h. Andrés Domínguez Almansa: Presentación dos resultados do proxecto Nomes e Voces. Represión e muller.
• 18.30h. Coloquio
• 19.15 h. Mesa redonda coa participación de Amalia Bóveda Álvarez, Concha Nogueira, Elvira Varela Bao e Melania Castro Nieto.
Sábado 8 de xuño no Pazo da Cultura
• 10.30 Julio Prada: Franquismo e represión de xénero en Galiza
• 11.30 Ana Cebreiros. “Mujeres para España”. A Sección Femenina de Falange.
• Coloquio
• 13 h Xosé Álvarez Castro: a represión contra as mulleres en Pontevedra
• 17 h Luis Bará e Carme Vidal: Políticas públicas da memoria en Galiza (2005-2009). Mulleres con memoria.
• 17.45 h Victoria Martins: Galegas nos cárceres franquistas
• 18.30 Coloquio
• 19.15 h Conferencia de clausura: Aurora Marco. Galegas na resistencia antifranquista
Presentación do audiovisual As silenciadas. Mulleres na resistencia antifranquista, de Pablo Ces. En centros de ensino e centros culturais de barrios e parroquias no mes de xuño. Voltarase a programar a partir de setembro.
Venres 14 de xuño ás 20 horas no Centro social do Gorgullón
Martes 18 de xuño ás 20 h no centro social Pontevedra Leste
Martes 25 de xuño no centro social de Cabanas-Salcedo
Roteiro homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes.
Venres 28 de xuño ás 20 horas, guiado por Xosé Álvarez Castro. Saída desde a praza do Concello.











