O prazo para presentar propostas para a revitalización da muralla do Hospital Militar e os xardíns da Mestranza finaliza o martes
O Concello da Coruña informa de que o próximo martes, 25 de xuño, ás 13.00 horas, finaliza o prazo para a presentación de ofertas para o proxecto de revitalización do ámbito da muralla do Hospital Militar e os xardíns da Maestranza. As obras, presupostadas en 399.785 euros, contan cun período máximo de execución de tres meses.
Aprobado o proxecto na Xunta de Goberno do 3 de maio, o Concello sacou a concurso esta obra. As empresas interesadas teñen agora ata o 25 de xuño para presentar as súas propostas. A revitalización do ámbito da muralla do Hospital Militar e os xardíns da Maestranza enmárcase dentro do Plan de Murallas, que incorpora unha serie de actuacións que van máis alá da recuperación do baluarte defensivo e que permitirán enxalzar o patrimonio histórico da Cidade Alta, catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC):
Iluminación do perímetro do hospital Abente e Lago e da Fundación Luis Seoane; e substitución da rede de iluminación pública dos xardíns da Maestranza.
Obras de urbanización, coa colocación de chans de madeira e reparación de tramos de lastra.
Pintado e reparación de varandas dos xardíns, así como instalación de bancos e papeleiras.
Colocación de paneis informativos.
Eliminación de elementos discordantes na zona do paseo marítimo.
O novo proxecto municipal da área de Medio, Territorio e Infraestruturas que dirixe Martín Fernández Prado demostra o interese do Concello da Coruña pola recuperación do patrimonio histórico-artístico e pola elaboración dun plan director dos baluartes defensivos da cidade, ademais de impulsar o seu coñecemento entre os coruñeses e de converterse nun polo de atracción turístico. As obras executaranse sempre baixo o visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio de la Xunta e contan cun presuposto de 399.785 euros e un prazo de execución de tres meses.











