O Plan RUA leva a súa actividade esta semana a Zalaeta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal
A-
A+

O Concello da Coruña informa de que dende hoxe luns, 17 de xuño, e ata o próximo sábado día 22, o Plan RUA realizará unha actuación integral na zona de Zalaeta. Durante os próximos seis días esta iniciativa chegará a corenta rúas e prazas da cidade, o que supón unha superficie de 39.970 metros cadrados.

Realizaranse distintas actuacións como limpeza e aseo de rúas, de áreas infantís e de rede de sumidoiros; mantemento de fontes; reposición de colectores, papeleiras, bancos, varandas e morróns; reparacións de iluminación, pavimentos e beirarrúas, entre outras. Participarán un total de 30 servizos municipais para conseguir espazos máis limpos, sostibles e ordenados coa colaboración dos veciños. Destacan a limpeza e reparación de 110 colectores e a reposición de 4; a reparación de 72 deficiencias de iluminación pública; a limpeza de 1.100 metros lineais da rede de rede de sumidoiros; e a reparación de 70 metros cadrados de pavimento en beirarrúas.

O Plan RUA permanecerá neste barrio ata o próximo 22 de xuño e retomará os seus traballos o día 26 no barrio dos Castros, onde concluirá esta terceira fase o 29 de xuño. Inmediatamente despois, comezará a cuarta fase que se desenvolverá ao longo do mes de xullo en Falperra, Sardiñeira, Cuatro Caminos, Agra del Orzán e Ciudad Vieja.

17 de xuño de 2013 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.