O plan de repintado de marcas viarias chega ao casco urbano de Paiosaco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLocal
A-
A+
Traballos de repintado

Traballos de repintado

O plan de repintado das marcas viarias que o Concello da Laracha está a desenvolver desde hai varias semanas chegou ao casco urbano da localidade de Paiosaco, onde se están remarcando os pasos para peóns da céntrica Avenida Bergantiños.

Esta actuación forma parte dun amplo proxecto que afecta aos tres cascos urbanos do municipio e ao Igrexario da parroquia de Cabovilaño. Neste último caso, as labores xa están rematadas e incluíron a pintura da ampla área de aparcamento público e do resto das marcas viarias do contorno da igrexa de San Román.

Na Laracha xa se traballou na Avenida Fisterra e nos cruces das diferentes vías perpendiculares á rúa Santa Lucía. En próximas datas actuarase en outros puntos da capital municipal, así como no casco urbano de Caión.

O Concello realiza un importante esforzo no desenvolvemento desta serie de actuacións coas que se persegue reforzar a seguridade viaria para peóns e condutores, así como garantir o correcto ordenamento das áreas de estacionamento e daquelas excluídas á circulación dos vehículos.

12 de xuño de 2013 | 19:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.