O plan de pintado e sinalización supuxo o mantemento de máis de 220 indicacións viarias en catro barrios de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal
A-
A+

A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, fixo balance sobre as actuacións de pintado e sinalización nos barrios do Ensanche A, Recimil, Caranza e Esteiro levadas a cabo ao abeiro do Plan de Barrios pola empresa Tragsa, concesionaria desta nova prestación municipal. O Goberno Municipal que dirixe Jose Manuel Rey Varela destina 300.000 euros no presente exercicio a este programa integral para a mellora da imaxe da cidade, da seguridade viaria e da regulación do tráfico rodado.

Un total de 18.836,71 metros lineais foron pintados polos operarios da devandita empresa adxudicataria. Do total, 17.481,08 metros foron de trazado de liñas continuas e descontinuas mentres que o restante atende a traballos de pintado de diferentes sinais viarias horizontais. Así mesmo, as brigadas de Tragsa pintaron máis de 220 indicacións viarias situadas no Ensanche A, Recimil, Caranza e Esteiro. Estas correspóndense con: 79 pasos de peóns, 45 cedas ao paso, 43 frechas de dirección, 36 stops, 12 símbolos de autobús e 8 prazas de aparcamento para minusválidos. Máis en concreto e ordenadas por barrios, os traballos foron executados nas seguintes rúas:

– Ensanche A: rúas Cuntis, Pontevedra, Alcalde Usero, Ministro Patiño e Pérez Villamil.

– Recimil: rúas Carballo Calero, Euskadi, e Fene.

– Caranza: avenida Castelao e Telleiras e na avenida do Mar.

– Esteiro: rúa Españoleto.

Programas integrais

Este programa de mellora do sinalización e pintado, que forma parte do novo Plan de Barrios, se complementa coa actuación de roces e limpeza de camiños e cunetas na zona rural, coas intervencións de mantemento de infraestruturas viarias e beirarrúas municipais e co programa integral para a instalación de papeleiras, que foi aprobado onte na Xunta de Goberno Local

18 de xuño de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.